A cidade lembra aos xudeus que habitaron en Tui e únese a vilas de toda Europa nesta xornadas. Tui acolle os actos de celebración da XI Xornada Europea da Cultura Xudía. Deste xeito a cidade súmase ás actividades que se van realizar en toda Europa e que en España coordina a Red de Juderías, organismo que agrupa a 21 vilas e cidades españolas. O Concello de Tui ten solicitado a súa incorporación a esta Red de Juderías e agarda que remate a moratoria establecida por esta entidade. Nesta Red de Juderías tamén participan outras localidades galegas coma Ribadavia e Monforte de Lemos.
O alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, xunto ao concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez, e o técnico desta concellaría, Rafael Sánchez Bargiela, presentaron nunha rolda de prensa o programa de actividades destas Xornadas da Cultura Xudía que por cuarto ano consecutivo organiza o Concello tudense para recuperar a memoria da presenza xudaica na nosa cidade e promover a valorización do patrimonio cultural tudense. Neste ano a temática elixida para as actividades a desenvolver en 24 países de Europa é “Arte e xudaísmo” para resaltar a achega que a cultura xudía ten aportado á arte europea.
O programa de actividades comeza o venres 27 de agosto cunha actividade de prólogo, ou en palabras do concelleiro, unha marabillosa introdución artística en consonancia coa temática das actividades deste ano, como é o concerto de música sefardí, a cargo de Ana Alcaide e Rafael del Teso e que forma parte do ciclo de concertos de “Musica en el claustro” da Catedral tudense.
O programa continuará o venres 3 de setembro coa inauguración, na Catedral de Tui, da exposición “Prateiros xudíos en Tui” que organizada conxuntamente polo Cabido catedralicio e a concellería de Cultura tudense amosará unha escolma das principais pezas artísticas que se conservan no tesouro catedralicio e que foron realizadas por ourives hebreos ou de ascendencia hebrea. Son unha ducia de pezas de gran valor artístico as que conforman esta exposición. Esta exposición está comisariada polos historiadores José Ramón Fernández e Suso Vila.
O sábado 4 de setembro ás 12,00 horas haberá unha visita guiada á colección de sambenitos do Museo Diocesano tudense, que estará guiada por Jesús Casás Otero, anterior director deste centro e autor dunha publicación sobre esta colección. Estes “sambenitos” tudenses son testemuñas da presenza de conversos e xudaizantes en Tui nos inicios do século XVII. Trátase dunha pezas de excepcional importancia, pois son únicas non xa na Península senón en Europa. Os “sambenitos” son os sacos que lle colocaban aos condenados nos procesos da Inquisición e neste caso son as teas que reproducen eses sacos e que eran colocadas nos templos para lembranza das penas impostas.
Continuarán as actividades o mesmo sábado ás 19,30 horas no salón de actos do antigo convento de San Domingos coa presentación do libro “La clave Embassy” de Patricia Martínez de Vicente. Nesta obra descríbese a trama urdida polo médico vigués Eduardo Martínez Alonso (chamado tamén o Schindler do Miño ou Schindler galego) para a fuxida de xudeus e perseguidos durante a Segunda Guerra Mundial e que tiña en Tui un dos lugares claves para a fuxida cara Portugal e logo a Inglaterra. Nesta rede colaboraban tamén xentes de Tui, especialmente de Guillarei que era o lugar por onde se realizada o pase cara Portugal. Coa presentación desta obra abórdase unha nova temática nas relación de Tui e as súas xentes cos xudeus.
Finalmente, o domingo 5 de setembro, a partir das 12,00 horas e con saída da Praza do Concello se realizará unha visita guiada polo historiador Suso Vila aos diversos lugares do conxunto histórico tudense ligados á presenza dos xudeus na nosa cidade ao longo dos séculos.
A concellería de Cultura do Concello de Tui promove a celebración destas Xornadas para a promoción e divulgación do patrimonio cultural da nosa cidade, neste caso centrado especialmente na recuperación do importante legado que a presenza de xudeus ao longo da historia ten procurado á nosa cidade. Tui foi de sempre un lugar de acollida e mantivo unha das xuderías máis importantes de Galicia (cabería lembrar que a única carnicería hebrea documentada en Galicia é a tudense) con sinagoga e cemiterios. Tampouco podemos esquecer o nome do filósofo e médico Francisco Sánchez, de ascendencia xudía, que naceu en Tui en 1550 ou a colección de sambenitos de inicios do século XVII. Revitalizar estas páxinas da nosa historia é un xeito de promover a conservación e valorización do noso conxunto patrimonial, sinalou o concelleiro de Cultura na rolda de prensa de presentación do programa destas Xornadas. Moisés Rodríguez Pérez confía que nesta nova edición estas Xornadas reúnan a numeroso público como sucedeu en anteriores edicións, evidenciando o interese desta temática entre tudenses e visitantes.