O Concello de Tomiño, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade da Consellaría de Traballo e o Instituto Portugués de Xuventude asinarán coa Asociación Cultural Morraceira un acordo de colaboración en prol do Filminho. O acordo será asinado no Auditorio de Goián (Tomiño) o xoves 2 de xullo ás 10:30 horas. No acto estarán presentes Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño; José Manuel Carpinteira, presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira; Ovidio Rodeiro Tato, Director Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia; Vitor Días, Delegado da Rexión Norte do Instituto Português da Xuventude e os presidentes das dúas asociacións denominadas A Morraceira: Xurxo González Rodríguez e André Manuel Gonçalves Martins. Tomiño e Cerveira son os dous concellos fronteirizos que, entre o 16 e o 19 de xullo, servirán de marco para a segunda edición do Festival Filminho.
TUI
-
*HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE SOBREDO*
*•** No 102 cabodano dos sucesos*
*O alcalde de Tui e membros da corporación municipal, con persoas chegadas
de ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario