Segundo informa o Concello do Rosal o sábado 16 de maio preto de cincuenta coches -na súa maioría anteriores a 1960- realizaron unha parada na Praza do Calvario con motivo do “IV Rallye Club de Campo de Vigo para automóviles antiguos”. Baixo a organización da concellaría de Turismo que dirixe Ángeles Vicente Manzano e coa colaboración de diferentes adegas rosaleiras (Lagar de Cervera, Quinta de Couselo, Terras Gauda, Santiago Ruiz, O Aforado, Lar do Vieira, Bodegas la Val e Aldea de Abaixo) os participantes desta ruta impulsada por Gabriel Pestana, director do rallye e en representación da "Escuela Gallega de Clásicos Deportivos", foron obsequiados con varios agasallos tras o seu paso por esta vila.
Aínda que as condicións meteorolóxicas non resultaron ser as máis idóneas para a celebración desta xornada, a choiva non desluciu a vistosidade destas auténticas xoias automobilísticas. Fixeron a entrega dos presentes, paraugas en man, a concelleira de Cultura Charo Tabales Perozo e o alcalde rosaleiro Jesús Mª Fernández Portela.