A Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa desenvolvendo o seu programa de animación á lectura que baixo o nome de “Mes dos Libros” abrangue un amplo abano de actividades para todas as idades e segmentos de poboación. Dende a pasada semana pódese contemplar na zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións unha mostra que baixo a denominación de “Tui escríbese en verso” recolle unha escolma de quince poemas dedicados á cidade tudense por outros tantos poetas. Nesta mostra atopamos os versos de Manuel María, Ramón Cabanillas, Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Blázquez, Emilio Álvarez Blázquez, Manuel Lago González, Manuel Forcadela, Roque Cameselle, Eliseo Alonso, Marga do Val, Antonio Alonso Fontán, Teodosio Vesteiro Torres, Emilia Rosende, Urbano Lugrís, ou o portugués Eugenio de Castro. Trátase dunha escolma de poemas que, segundo informan dende a Biblioteca Municipal, non esgotan os versos dedicados á nosa cidade e que posteriores edicións desta mostra darán a coñecer. Fican moitos versos e moitos poemas fóra desta primeira exposición que recolle unha selección de versos, moi dispares na súa técnica e mesmo na súa calidade. Con esta actividade a Biblioteca Municipal tudense tenta unha achegamento á produción literaria sobre a nosa cidade como un xeito de coñecer a nosa literatura máis inmediata, e promover entre os nosos veciños o coñecemento destes versos que pretenden reflectir o engado da vida en Tui. Hai autores tudenses, autores que residiron na nosa cidade algún tempo ou mesmo autores que escribiron os seus versos logo dunha visita á localidade miñota. Para o concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez, esta exposición resulta un acerto de grande interese, pois contribúe á divulgación de numerosos poemas dedicados a Tui ata agora escasamente coñecidos pola poboación. Deste xeito á Biblioteca Municipal promove o acceso á cultura local, reflectida neste caso nos versos de quince autores da nosa terra.
TUI
-
*HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE SOBREDO*
*•** No 102 cabodano dos sucesos*
*O alcalde de Tui e membros da corporación municipal, con persoas chegadas
de ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario