HIGINO MARTINS ESTÊVEZ, EN OIA, EN GALICIA

O escritor, investigador e profesor Higino Martins Estêvez, residente en Buenos Aires e descendente de oienses terá o luns 15 de decembro unha recepción oficial na Casa do Concello e se descubrirá unha placa conmemorativa na súa honra. Lembramos que o 29 de xullo deste ano levouse a cabo no Concello de Oia a presentación do libro Orgulho Galego na Diáspora. Conversa com Higino Martins Estêvez, dos autores Ângelo Gonçalves Vicente, Licenciado en Ciencias Políticas e Administración e Bernardo Penabade Rei, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa. Esta publicación fora editada pola Fundación Comarcal Baixo Miño. Pois ben, agora uns meses despois, contando xa coa presenza de Higino, ás 19:30 horas procederase á presentación do seu libro As tribos calaicas na Casa da Cultura de Viladesuso.