XA NA RÚA O NÚMERO 3 DE SOBEROSUM

A Revista Soberosum editada polo Concello e o Museo Municipal de Ponteareas presentouse o día 4 de decembro nesta vila. Despois dos primeiros números (1992 e 1997) sae agora no 2008 coa intención de publicarse máis periodicamente. Trátase das colaboracións de diferentes escritores e estudiosos -entre eles dous representantes do Baixo Miño, Tamuxe e Juan Ramón- recompiladas nun tomo de máis de 300 páxinas dividido nas seguintes seccións:

ARQUEOLOXÍA
Manuel Certal Rodríguez. Aportación á carta arqueolóxica do Concello de Arbo: dez grupos de petroglifos e dúas mámoas inéditas.
Xoán Martínez Tamuxe / Juan Ramón Martínez Barbosa. Algúns gravados rupestres descubertos no Concello das Neves. Parroquias de S. Xoán de Rubiós, S. Xosé e Santiago de Ribarteme.
Alfredo González Ruibal. Unha comarca castrexa: os vales do Tea e do Oitavén durante a Idade de Ferro.
HISTORIA
Ernesto Iglesias Almeida. La casa do Castro en Parderrubias (Salceda de Caselas).
Clodio González Pérez. Alugamento do párroco de Canedo da renda e froitos da freguesía de Setados (As Neves), en 1673.
Michael Skinner Pérez. Fornelos da Ribeira. Un concello constitucional.
Juan Miguel González Fernández. Aproximación ao marco rural do Val do Tea nos séculos XVII-XVIII.
Anxo Serafín Porto Ucha. O ensino no Concello de Ponteareas no primeiro terzo do século XX (1900-1936).
Sofía Rodríguez Suárez. O censo de Floridablanca en Salvaterra de Miño.
ETNOGRAFÍA
Baltasar Berciano Valderey / Inma Peniza González. O patrimonio das pesqueiras.
Andrés Sampedro Fernández. A ceraría no Condado - A Paradanta.
VARIA
Francisco Candeira Mosquera. A obra rexionalista de Roque Pesqueira.
Ángel Rodríguez Gallardo. Discurso, represión e memoria. O derradeiro escrito de José Antonio Fernández Vega.
Jorge Rodrígues Gomes. O barrallete dos granhudos. Estudo lingüístico e nova compilaçom vocabular.
OUTRAS COLABORACIÓNS
Ángel Rodríguez Gallardo. As foxas de Franco en Ponteareas.
Estanislao Fernández de la Cigoña e Núñez. Pardo Bazán e Rodríguez Castelao: rifirrafe polas ánimas de Mondariz.
María Rosa Arija Soutullo. Recuperación de los archivos de la Banda Municipal de Vigo.
Xoán Xosé Pérez Labaca... Onde Deus fixo o milagre, o milagre da burbulla... (O nacemento das Augas de Mondariz).
Xerardo Feijoo Rapela. Ponte... nas ondas: o patrimonio inmaterial.
Marta Díaz Fernández. Restauración de un cuchillo de hierro (Lira, Salvaterra de Miño).
Rafael Sánchez Bargiela. Interesante documento sobre as propiedades do Conde de Salvaterra en 1780.
Mónica Rocha Novoa. O Arquivo de Historia Oral do Museo de Ponteareas.