Máis de 400 persoas pasaron polo I Festival Fin de Curso da Escola de Teatro Baixomiñota celebrado en Tomiño

A Escola Comarcal de Teatro Baixomiñota presentou o pasado domingo no Auditorio de Goián (Tomiño) o Festival de Fin de Curso de Teatro, para presentar as obras teatrais preparadas durante o curso ao que asistiron máis de 400 persoas. O acto contou coa presenza -entre outros- do concelleiro de Cultura de Tomiño, Jesús Castiñeira. Neste primeiro festival se prepresentaron un total de 4 obras:
-"Pobres pantasmas”, polo grupo infantil de A Guarda. Sinopse: As pantasmas que viven no planeta Bort están cansas do mal que lle tratan os seus habitantes, que xa non se asustan delas, así que deciden emigrar a un planeta novo que se chama “Terra” e alí descobren un lugar xenial onde os seus habitantes senten auténtico medo ás pantasmas.
-“O home espido e o frac”, polo grupo xuvenil de A Guarda. Sinopse: é unha farsa de enredo onde a través de dúas barrendeiras aprendemos a valorar o interior e non as apariencias. Durante unha noite no seu traballo atópanse con personaxes diversos: un home espido que está agochado ata atopar roupa ca que voltar a casa, unha muller que se adica a roubar na rúa, unha garda que está obsesionada con cumplir co seu deber, unha vendedora con frac que aparece no medio deste caos cómico.
-“Donde el corazón se inclina el pie camina”, polo grupo adulto de Tui. Sinopse: Apolo é un simpático personaxe co soño de ser taxista e que, incitado por un bo amigo, se dedica a realizar pequenas e inocentes estafas.
-“Zeus”, polo grupo adulto de A Guarda. Sinopse: Dous antigos gregos, un autor teatral e un actor, están atascados nun final para unha obra que se ten que estrear agora mesmo, desesperados piden axuda a unha galería de personaxes que lonxe de axudar enredan máis aínda esta comedia trepidante.
O próximo día 21 se celebrará no Auditorio de O Rosal a partir das 17:00 horas, coa actuación de dous grupos infantís. Máis información en: http://www.aprendeteatro.com/

No hay comentarios: