A segunda edición do Festival de cine galego e portugués celebrarase entre o 16 e o 19 de xullo en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira.
Dentro da aposta do Filminho-Festa do cine galego e portugués, polas novas olladas e linguaxes experimentais, a súa edición deste mes de xullo contará co último filme de Alberte Pagán, “Tanyaradzwa”, en sesión especial fóra de concurso. A proxección promete ser toda unha viaxe audiovisual, tanto polo seu contido como polas súas especiais características técnicas. Alberte Pagán rodou en Cimbabue a vida, as opinións e as circunstancias dunha muller, Tanyaradzwa, nome que lle dá título do filme. A primeira metade do filme amosa a vida nunha aldea rural namentres que, para a segunda, o autor trasladouse á capital do país, Harare, que no momento da rodaxe estaba inmersa nunha convulsa situación política, do que a filmación se resentiu polas fortes presións policiais. O espectador que se achegue ao Filminho atoparase diante dunhas imaxes nas que se acabará enfrontando cos seus prexuízos sobre conceptos como “África”, “muller” ou “exótico”, como se ao final o espectador rematase por ser o observado. Un retrato de muller que a súa vez supón unha personificación dos convencionalismos da mirada occidental sobre o “continente negro”. Tanyaradzwa tamén destaca polas súas especiais características técnicas. Cunha duración de 195 minutos, a súa exhibición constará de dúas proxeccións simultáneas, en pantallas pegadas, e de dúas bandas sonoras que tamén se emitirán ao mesmo tempo. Alberte Pagán, nado no Carballiño, é un cineasta que se responsabiliza de tódalas facetas das súas creacións. Situado á marxe da industria do cinema, comezou a colleitar sona co seu filme Bs. As., onde seitura nas relacións entre Bos Aires e Galicia. O Filminho, que se celebrará entre o 16 e o 19 de xullo en Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira, anunciará nos próximos días o seu programa completo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario