O equipo rosaleiro SEMPRE O CORTE disputou o XVIII Rally do Albariño 2009

A cuarta cita do Campionato Galego de Rallyes tivo lugar o pasado 16 de maio en Cambados. Para o equipo rosaleiro “SEMPRE O CORTE”, que vén de ser presentado recentemente, esta foi a súa primeira participación do ano. Lembramos que por un lado están ao volante dun Peugeot 205 Rally o piloto Jorge Díaz Ferreira (Chiño) e o seu copiloto Miguel Gómez Peláez (Fusco), que participan no grupo X da clase 11. Por outro, cun Peugeot 205 GTI, o piloto José Calvar González (Calvar) e a súa copiloto Eva Costas Rodríguez que competiron tamén no grupo X pero na clase 12. A victoria final desta edición do Rally do Albariño foi para Pedro Burgo co seu Mitshubishi VIII, o segundo posto para Alberto Meira a bordo dun Mitshubishi EVO IX e o terceiro lugar para Luis Vilariño a mans dun Renault Maximegane Kit Car. Na clasificación xeral absoluta José Calvar e Eva Costas (dorsal 56) quedaron na lugar 34º pero salientar que remataron Subcampións da Copa Racing Kentes a unhas décimas de Lisardo Abelleira. Na súa primeira participación Jorge Díaz e Miguel Gómez (dorsal 113) conseguiron o seu obxectivo que non era outro que rematar o rally e terminaron na posición 85ª a pesar da constante choiva que puxo en moitos apuros a todos os participantes. Para ver a clasificación completa deste rally:
http://www.escuderiasalnesmotor.es/rallyesalbarino/18/final.htm

No hay comentarios: