Os días 11, 12 e 13 de decembro terá lugar en Tui no Teatro Municipal (edificio Área Panorámica) na Sala Félix Rodríguez o Congreso ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. Organizado pola Real Academia Galega coa colaboración da Conselle-ría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e máis do Concello de Tui. O seu Comité está composto por Xosé L. Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Rafael Sánchez Bargiela e X. L. Axeitos. Lembramos que este é un dos últimos actos para conmemorar a elección de Xosé María Álvarez Blázquez como o homenaxeado deste ano nas Letras Galegas. Está solicitado un crédito de libre elección (30 horas) para todos os matriculados. Entregarase un certificado de asistencia aos congresistas que teñan acreditado ter participado no Congreso mediante un sistema de sinaturas. Máis información en:
A GUARDA
-
*O CONCELLO DE A GUARDA PREMIA Á EXCELENCIA ACADÉMICA DO ALUMNADO*
*O alcalde e membros do goberno municipal de A Guarda co alumnado premiado*
Foto: C.A....