MANIFESTO DA ASOCIACIÓN "MULLERES CAMIÑA CON NÓS" DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia de xénero, é un ataque atinado cara aos dereitos humanos, non obstante, en moitas sociedades, a resposta é o silencio, a apatía ou a falta de interese. A inacción, converte a estas sociedades en responsables e cómplices desa violencia.
Malia provocar en España nos últimos anos, máis baixas que o terrorismo, a violencia familiar, non ocupa nin sequera un posto entre as primeiras dez preocupacións dos españois.
"Terrorismo doméstico" é o nome máis acertado para definir este tipo de violencia exercida no seo do fogar.
Aínda que as súas vítimas son maioritariamente mulleres, os nenos e os anciáns, pola súa vulnerabilidade, son tamén obxecto destas agresións e os seus grandes ignorados.
Cando hai unha muller maltratada, os fillos tamén o están, tanto física como psicoloxicamente e a súa desprotección é aínda maior.
Amor e pánico, sumado a un incomprensible sentimento de culpabilidade mestúranse na vida das vítimas de violencia e actúan como mordaza.
A ambivalencia destes sentimentos faise forte e remátase establecendo unha estraña relación de dependencia co agresor que os leva a perdoalo unha e outra vez, a minimizar e negar a súa agresión. Có tempo, a dependencia e a submisión son absolutas, o illamento social e o fracaso vainos somerxendo ata facerlles crer que ninguén pode axudalos. O maltrato físico é atroz, pero o psicolóxico non o é menos, as súas pegadas non son exteriores, pero si igual de profundas, coa agravante de que se perciben menos de portas para fóra.
En canto ao maltratador, non hai un prototipo social, pode ser de clase alta ou baixa, con estudos ou sen eles, novo ou vello, a súa conduta non ten que estar necesariamente ligada ao alcohol ou as drogas, nin tampouco a desviacións psíquicas. A maioría non son agresores de forma habitual e exercen a súa violencia de forma selectiva, "coa súa familia".
Desenvolven unha especie de dobre personalidade, en público tratan ben ás súas mulleres, pero en privado, son tiranos, teñen a violencia interiorizada como un comportamento normal. Moitos son á súa vez, "fillos da violencia", que repiten a súa propia historia. Foron "nenos testemuñas", son "adultos maltratadores”.
O "Terrorismo doméstico", é un problema de portas adentro e seguirá séndoo, ata que cada un de nós decida abrir esa porta, facer evidente o problema, e con iso comezar a andar o camiño cara á súa solución.

Finalmente, e para reflexionar, tomamos as palabras do escritor Bertold Bretch, e dicimos:
"Hai homes que loitan un día, e son bos.
Hai outros que loitan un ano, e son mellores.
Hai os que loitan moitos anos e son moi bos.
Pero os que loitan toda a vida por un ideal de vida mellor, eses, son imprescindibles.”

Dende a Asociación Mulleres Camiña con Nós (http://mulleres-caminaconnos.blogspot.com/) queremos ser deses que loitan todos os días, por iso, este 25 de novembro, Día da loita contra a violencia de xénero, solicitamos ao Concello de A Guarda e aos seus representantes, que a través do CIM, se realice e dea difusión pública a un "Protocolo de Acción Cidadá para casos de Violencia Familiar", no cal estean claramente pautadas as accións a seguir pola cidadanía en caso de presenciar accións deste tipo.