ANTÓN FERREIRA E ANSELMO MARTÍNEZ GAÑAN O I CERTAME LITERARIO DO ROSAL

O día 26 de novembro levouse a cabo no Salón de Plenos do Concello do Rosal a entrega de premios do I Certame de Poesía e Relato Curto contra a Violencia de Xénero. Este concurso estivo organizado pola Concellaría de Servizos Sociais e Muller e máis concretamente polo Servizo de Promoción da Muller. Neste acto estiveron presentes Mª Carmen Alonso Alonso, concelleira de Servizos Sociais e Muller; Charo Tabales Perozo, concelleira de Cultura e Medio Ambiente; Banesa Cortiñas Brey, técnica de Promoción da Muller; Oliva María Pereira González, escritora e poetisa e Juan Ramón Martínez Barbosa, técnico de Turismo do Rosal. Entre eles, por suposto, os gañadores e verdadeiros protagonistas deste I Certame de Poesía e Relato Curto, Antón Ferreira Lorenzo e Anselmo Martínez Pena, que foron obsequiados con sendas cámaras fotográficas dixitais e cos libros “Cruceiros, Cruces e Almiñas do Baixo Miño. I Concello do Rosal” e “Memoria da XX Festa do Cabaqueiro” do escritor rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe.

Resultados deste I Certame:
-1º Premio POESÍA, co seudónimo “Baudilio”: Hai tempo que che roubaron os soños de Antón Ferreira Lorenzo, da vila da Guarda.
-1º Premio RELATO CURTO, co seudónimo “MarP”: Encontro Casual de Anselmo Martínez Pena, tamén da Guarda.

Fotografías da entrega de premios: